miércoles, noviembre 15, 2006

Maril moi preto de liderar o PSOE de Silleda


As negociacións entre Xosé Maril, actual presidente do Padroado Feiral Da Semana Verde, e o PSOE dezano parecen ir a bon ritmo. As posturas están bastante achegadas hasta o punto de que xa hai quen da por confirmado que Maril será o candidato a alcaldía do PSOE silledense sustituindo a Gerardo Lázara.

En Lalín, o PSOE mantivo contactos a distintos niveis con varias persoas co obxetivo de encabezar a lista a alcaldía da capital dezana. Algunhas non acabaron de fructificar como a de Nistal e outras como a posible volta de Cristobal Fernández parecen remotas como queira que o político de Bermés accedeu a un cargo bastante superior o que podería acadar no caso de voltar a encabezar a lista lalinense; a vista de que ainda as previsións mais optimistas do partido do puño e a rosa situanos lonxe de conquerir a alcaldía.

O tempo para as negociacións estase a esgotar xa que tanto en Lalín como en Silleda, os socialistas poderían dar os nomes definitivos unha vez pase a ponte da Constitución.