Maril moi preto de liderar o PSOE de Silleda
As negociacións entre Xosé Maril, actual presidente do Padroado Feiral Da Semana Verde, e o PSOE dezano parecen ir a bon ritmo. As posturas están bastante achegadas hasta o punto de que xa hai quen da por confirmado que Maril será o candidato a alcaldía do PSOE silledense sustituindo a Gerardo Lázara.
En Lalín, o PSOE mantivo contactos a distintos niveis con varias persoas co obxetivo de encabezar a lista a alcaldía da capital dezana. Algunhas non acabaron de fructificar como a de Nistal e outras como a posible volta de Cristobal Fernández parecen remotas como queira que o político de Bermés accedeu a un cargo bastante superior o que podería acadar no caso de voltar a encabezar a lista lalinense; a vista de que ainda as previsións mais optimistas do partido do puño e a rosa situanos lonxe de conquerir a alcaldía.
O tempo para as negociacións estase a esgotar xa que tanto en Lalín como en Silleda, os socialistas poderían dar os nomes definitivos unha vez pase a ponte da Constitución.
1 Comments:
Botádelle un ollo a Agolada. Alí o PSOE tamén pode facer "negocio" cos independentes de IdeA. O PSOE pon o candidato, Pepe Rivas, e IdeA os votos e o traballo. Xa se verá nos días vindeiros.
saúde.
Publicar un comentario
<< Home